Novo Curso 2010-11ANPA A Barxa
CEIP García Barbón
Novo tobogán
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Na pestaña de "Actividades" xa tedes o cadro de actividades extraescolares ofertadas este ano. As actividades darán comezo o luns 4 de outubro, e o prazo límite para a entrega da folla de inscripción en actividades é o venres 24 de setembro.

COMEDOR ESCOLAR: Nos próximos días publicarase no tablón do centro o listado definitivo de admitidos no comedor escolar para este curso. Por favor, avisade no local da ANPA si atopades algún erro no mesmo.

Como ben sabedes, de novo voltamos a ter problemas de espacio no comedor escolar, polo que será moi probable que, a partir de outubro, non teñamos sitio para todos os alumnos que están inscritos no mesmo. Por este motivo, dende a ANPA, pedimosvos que, aqueles que poidan prescindir do servicio de comedor por propia vontade, o fagan, de xeito que quede mais sitio para quen non teña outras alternativas.

CUOTA DA ANPA: Lembramosvos que a cuota anual de ANPA (30€ por familia) é obrigatoria para todas as familias que envien os nenos/as a comedor e/ou actividades extraescolares (e recomendable para todos os alumnos do centro). A aqueles que non tiveran ingresado a cuota anual na conta da ANPA (CaixaNova: 2080-0090-28-0040005495) antes do 1 de outubro de 2009, se lles pasará por domiciliación o día 10 de outubro deste ano (xunto co primeiro recibo de comedor no caso de ter utilizado o mesmo no mes de setembro).

Aquelas familias que teñan problemas económicos para facer frente ós recibos de comedor ou actividades extraescolares, poden pasar polo local da ANPA e tentaremos buscar soluciones.